Canyelles é un barrio do distrito de Nou Barris da cidade de Barcelona. Foi construído en 1974 sendo o último polígono de vivendas levantado na etapa predemocrática. Durante bastante tempo sufriu unha falta importante de infraestruturas e servizos.

Algunhas das melloras de transporte foron a apertura das roldas en 1991 e a chegada da liña 3 do Metro de Barcelona con dúas paradas no barrio e que en 2009 foi prolongada ata o barrio de La Trinitat Nova.

No barrio atopamos o parque de Serra i Martí e a Fonte Máxica inaugurada en 1998.

Véxase tamén

Ligazóns externas Canyelles, no sitio web do concello

Categoría:Nou Barris Categoría:Barrios de Barcelona