Os dendrocigninos (Dendrocygninae) son unha subfamilia de aves anseriformes da familia dos anátidos.Alan P. Peterson. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes. Comunmente son coñecidos como irerés.
Porén, algúns autores clasifícanos como unha familia independente, a dos dendrocígnidos (Dendrocygnidae),Sibley . mentres que para outros sería unha tribo, dendrocininos (Dendrocygnini) dentro da subfamilia dos anserinos.
Algunhas clasificacións inclúen nesta subfamilia o xénero Thalassornis, que outros ás veces inclúen na súa propia subfamilia (Thalassorninae).
Etimoloxía O nome da subfamilia está formado sobre a base do nome do xénero, Dendrocygna, coa desinencia -inae, propia dos nomes das subfamilias zoolóxicas.
En canto ao nome do xénero, fórmase co prefixo do latín científico dendro-, tirado do grego δένδρον déndron, árbore, e o o latín cygna, forma feminina de cygnus, cisne, termo derivado do grego κύκνος kýknos, co mesmo significado.
É dicir, o nome da subfamilia quere dicir, literalmente, 'os cisnes arborícolas'.
Descrición A subfamilia abrangue oito especies de aves acuáticas de corpo esvelto, do tamaño dun pato pequeno, coas patas longas e o pescozo moi longo (que recorda en certo modo aos cisnes, as ás anchas e a plumaxe de cores variadas, semellante nos dous sexos (non hai dimorfismo sexual).
Comportamento e distribución
Andan, nadan e mergúllanse ben, e tamén voan, pousando nas ramas das árbores para descansaren. De costumes nocturnos e moi sociábeis, están amplamente difundidos polas rexións tropicais e subtropicais de América, África oriental, Madagascar, Asia meridional e suroriental, Nova Guinea e Australia.
Aliméntanse sobre todo de materias vexetais, que atopan nos bosques pantanosos, lagos con frondosa vexetación acuática, estanques e pozas, e tamén en terreos cultivados e parques, como palmeirais e arrozais.
Teñen, como un dos seus nomes en castelán indica, patos silbadores, patos asubiadores (ou en inglés, whistling ducks), un canto que recorda un asubío.
Especies Xénero Dendrocygna Swainson, 1837 Dendrocygna arborea (Linnaeus, 1758) Dendrocygna arcuata (Horsfield, 1824) Dendrocygna autumnalis (Linnaeus, 1758) Dendrocygna bicolor (Vieillot, 1816) Dendrocygna eytoni (Eyton, 1838) Dendrocygna guttata Schlegel, 1866 Dendrocygna javanica (Horsfield, 1821) Dendrocygna viduata (Linnaeus, 1766) Xénero Thalassornis Eyton, 1838 Thalassornis leuconotus Eyton, 1838
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Carboneras, Carles en: del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans) en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.
Outros artigos Anseriformes Anátidos
Ligazóns externas Dendrocygninae en ITIS.
Categoría:Anátidos