O escudo do Bierzo foi aprobado nunha sesión do Consello Comarcal do Bierzo (León) celebrada o 14 de abril do ano 2000, como elemento integrado na bandeira desta comarca.

Heráldica Posúe a seguinte descrición heráldica ou brasón:

O elemento máis importante do escudo é a Cruz de Peñalba, símbolo do Bierzo, representada de ouro (amarelo ou dourado heráldico) nun campo de goles (fondo vermello). Enmarcando o campo de goles figura unha bordadura composta. As bordaduras son as pezas honorables que rodean o interior dos escudos por todos os seus lados. Os cadrados que a campoñen teñen os esmaltes alternados e cobren o fondo de calquera peza ou moble dun brasón. O bordo do escudo do Bierzo ten oito compoñentes: catro de prata (cor branca ou gris), nos cales figura unha folla de vide de sinople (cor verde) como símbolo da agricultura berciana, e catro de azur (cor azul), con dous martelos postos en sautor (colocados en forma de aspa) representando a minaría.

No timbre do escudo aparece representada a coroa real de España, cerrada con oito diademas, cinco á vista.

O escudo aparece situado no centro da bandeira do Bierzo. O deseño do escudo, como o da bandeira, foi obxecto de polémicas arredor do deseño e o custo. Presentouse unha variante como alternativa que contaba con dúas vieiras en cadrados centrais dos laterais, simbolizando o percorrido do Camiño de Santiago que cruza o Bierzo de leste a oeste. Esta alternativa tamén presentaba pequenas diferenzas na cor e a coroa.Artigo do Blog do FCPB no que aparece a variante proposta como escudo para O Bierzo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bandeira do Bierzo

Categoría:O Bierzo Bierzo