Baixo o nome de Luna E-1A, Luna E1A ou Luna Ye-1A pola súa transliteración da lingua rusa atópase unha familia de sondas espaciais lunares soviéticas formada por dúas unidades.

Características Houbo dúas sondas Luna E-1A: a primeira non chegou a órbita debido a un problema co foguete lanzador 8K72, pero a segunda, denominada formalmente Luna E-1A 2 e máis coñecida como Luna 2, converteuse no primeiro obxecto artificial en impactar contra a superficie lunar. Ademais da instrumentación científica levaba a bordo emblemas metálicos coa bandeira e o escudo da Unión Soviética.

Historial de lanzamentos

Voo Data Carga Resultado Notas 1 18 de xuño de 1959 Luna 2 Fallo O sistema inercial fallou aos 153 segundos do lanzamento. O foguete foi destruído desde terra. 6 12 de setembro de 1959 Luna 2 Éxito Primeira sonda en impactar contra a superficie terrestre.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Luna E-1 Luna E-3 Luna E-6 Luna E-6LF Luna E-6LS Luna E-6M Luna E-6S Luna Ye-8 Luna Ye-8-5 Luna Ye-8-5M Luna Ye-8-LS

Categoría:Programa Luna