El Amigo del Pueblo foi un semanario editado en Santiago de Compostela entre 1894 e 1895. Historia e características Órgano do Centro Republicano de Santiago de Compostela, apareceu o 3 de marzo de 1894Gaceta de Galicia, 4-3-1894, p. 2. substituíndo a El Republicano. Estaba dirixido por José Cajaraville. Foi condenado polo Arcebispo de Santiago o 3 de xullo de 1894.Gaceta de Galicia, 12-7-1894, p. 2. Parece que deixou de publicarse en xullo, volvendo saír en maio de 1895. Cesou a súa publicación en 1895.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1894 en Galicia