José Vázquez Batalla, nado en Padrón en 1852 e finado en Buño o 7 de febreiro de 1947, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Engracia Batalla Hermida. Procurador, de ideoloxía republicana, fundou e dirixiu o semanario El Regenerador Padronés (1891-1892). Foi presidente do Sindicato Agrícola de Iria e da Federación de Agricultores de Padrón (1921).El Compostelano, 13-4-1921, p. 2. Dono do pazo da Hermida de Lestrobe onde se asinou o Pacto de Lestrobe, que herdou de José de la Hermida. Foi presidente do Centro Agrario Republicano de Lestrobe dende agosto de 1931.El Pueblo Gallego, 9-8-1931, p. 12. Finou en Buño o 7 de febreiro de 1947.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 9-2-1947, p. 4.
Vida persoal Casou con Laura Fernández Abelenda e foi pai de Pura, Luis, Marina, Álvaro, Bernardino, Ramón e Juan Vázquez Fernández.
Notas
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Xornalistas de Padrón Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en 1947