O cirrio pequeno (Apus affinis) é un paxaro apodiforme da familia dos apódidos.
Hábitat e reprodución Ten unha distribución que vai dende a África subsahariana até o sur de Paquistán, a India e Sri Lanka. A diferenza do cirrio común, que vive máis ó norte, moitos cirrios pequenos son sedentarios, mais algunhas poboación son migratorias e pasan o inverno máis ó sur das súas zonas de distribución habitual.
O cirrio pequeno aniña en buratos de edificios ou cantís, e pon dun a catro ovos por niñada.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Apus affinis en Flickr Apus affinis en Avibase
Categoría:Apódidos Categoría:Animais descritos en 1830