Avelino Silva Güimil, nado en Meis e finado en Covas (Meaño) en febreiro de 1957,La Noche, 14-2-1957, p. 6. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Veciño de Pontevedra, foi elixido concelleiro en 1920 e nomeado primeiro tenente de alcalde en maio dese ano. Foi alcalde de Pontevedra dende fins de 1920 ata 1921. Militante do Partido Republicano e membro de Centro Republicano de Pontevedra, participou no pacto de Lestrobe representando ao Partido Republicano Federal. En 1931 participou na fundación do Partido Radical do que foi o primeiro presidente en Pontevedra. En 1934 solicitou a alta en Unión Republicana.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi procesado por masón a pesar de negar esta pertenza.

Vida persoal

Casou con Teresa Serén.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Masonería en Pontevedra (IV): Adeus a unha antiga sé masónica.

Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Nados en Meis Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Finados en 1957