María Fernández Rey, coñecida como María Rey, nada en Vigo o 21 de marzo de 1967, é unha xornalista e presentadora de televisión galega.

Traxectoria Filla do veterinario e político José Luis Fernández Lorenzo, aos tres anos trasladouse coa familia a Tomiño. Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid comezou a traballar na emisora de Vigo da Cadena SER. Logo pasou a TVE onde dirixiu os servizos informativos do centro territorial de Madrid. Logo incorporouse ao departamento de televisión da Axencia EFE e en 1992 regresou a Antena 3 para presentar o informativo da fin de semana canda Roberto Arce e a edición diaria, con Pedro Piqueras.

En 1996 volveu a Antena 3, onde se fixo cargo da información parlamentaria. Paralelamente preside a Asociación de Periodistas Parlamentarios dende ese mesmo ano. A partir de 2012 comezou a colaborar coa edición española do Huffington Post.

Vida persoal Está casada desde 1998 co xornalista Manuel Campo Vidal.BODA DE MARÍA REY Y CAMPO VIDAL É filla de quen chegou a ser alcalde de Tomiño José Luis Fernández Lorenzo durante máis de dúas décadas.

Galardóns Premio «Luis Carandell» de Xornalismo Parlamentario (2013): Premio Antena de Prata de TV (2019)Juan Pablo Colmenarejo y María Rey, premiados con las XXVII Antenas de Plata

Notas

Categoría:Xornalistas de Vigo Rey, Maria Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1967