Josep Sales i Coderch, nado en Barcelona o 4 de xullo de 1954 e finado en Vallclara o 11 de xuño de 1994, foi un poeta, compositor e pintor catalán, máis coñecido co nome artístico de Pepe Sales.
Traxectoria Sobriño do escritor Joan Sales e do pintor Gaietà Sales, foi o oitavo de once irmáns dunha familia de fortes conviccións cristiás. En 1973 foi arrestado por posesión de haxix, permanecendo un ano na prisión Modelo de Barcelona. En 1975 fixo pública a súa orientación sexual gai no ámbito familiar e social. A súa vida e obra estiveron marcadas pola adicción ás drogas, a súa homosexualidade, a prisión franquista e a utopía revolucionaria.
Influído polo ambiente familiar, comezou a pintar sendo novo. Posteriormente coñeceu a Peter Sinfield, o letrista do grupo inglés King Crimson, co que chegou a establecer unha forte amizade. En 1984 fundou o grupo de rock Bocanegra xunto con Víctor Obiols. Durante catro anos Sales foi o ideólogo, letrista e representante doo grupo. A súa música está influenciada pola estética de Rimbaud, Pasolini, Keith Richards e William Burroughs. Entre 1989 e 1991 foi director artístico do programa cultural Glasnost, emitido no circuíto catalán de TVE.
En 1988 diagnosticóuselle sida, enfermidade que provocou a súa morte en 1994. Deixou escrito o poemario Quadern 50. Cançons d'amor i droga.
En 2003 o músico Albert Pla fixo o disco Cançons d'amor i droga a partir dese poemario. O 7 de xuño de 2007 rendéuselle unha homenaxe no Teatre-Auditori de Granollers, co título de Nit d'amor i droga - Una nit amb Pepe Sales. Nel participaron Albert Pla, Nacho Vegas, Víctor Bocanegra, Mazoni e Jordi Busquets, sendo dirixido por Rafael Moll. Tamén en 2007 realizouse o documental Pepe Sales: Pobres, pobres que els donguin pel cul, dirixido por Albert Pla e Lulú Martorell.
Obra 50 cançons d'amor i droga. Poemario póstumo inédito. Edición de Lulú Martorell. Bocanegra: Bocanegra U, 1986 (CD, 2006) Sense re, sense remei (LaBreu Edicions, 2009) compilación do poemario de Pepe Sales, publicando os dietarios e correspondencia do autor en varias épocas da súa vida, así como unha mostra da súa obra pictórica e retratos fotográficos. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Pepe Sales Pepe Sales: Pobres, pobres que els donguin pel cul; documental.
Categoría:Cantantes de España Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Finados en 1994 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Poetas de Cataluña Categoría:Poetas en lingua catalá