Manuel Nogueira Insua foi un mestre, agrarista e político galego.

Traxectoria Sobriño de Antonio Insua Rey. Mestre en Amio. Presidente da Sociedad de Agricultores y Ganaderos de Calo (1916). Foi detido en 1917 con Manuel Lueiro Edreira pola súa participación na folga xeral dese ano. Foi elixido alcalde de Teo en 1922 e permaneceu no cargo ata a ditadura de Primo de Rivera. Foi presidente da Unión Patriótica de Teo.El Pueblo Gallego, 21-12-1928, p. 13. Foi candidato monárquico nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931.El Compostelano, 11-4-1931, p. 2. Fundou en 1934 a Federación de Sociedades e Sindicatos Agrícolas de Teo, da que foi elixido presidente.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Teo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Personalidades do agrarismo