Samuel Gómez González, nado en Nocelo (Baños de Molgas) o 20 de xullo de 1913 e finado en Ourense nos anos 90, foi un profesor e escritor galego.

Traxectoria Entre os anos 1915 a 1928 viviu en México, onde emigraran os seus pais, Antonio e Hermelinda. En 1928 retornou a súa aldea, estudou o bacharelato en Ourense, e no ano 1933 matriculouse no primeiro Curso de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, e o ano seguinte marchou a Madrid para continuar a carreira. Profesor radicado en Madrid no último bienio da Segunda República. Algúns dos seus poemas apareceron en El Compostelano. Durante a Guerra civil dirixiu o periódico Galicia Libre (1937-1939), voceiro da Agrupación de Gallegos Libertarios e presidiu o I Congreso das Agrupaciones de Gallegos Libertarios na primavera de 1938. Ao rematar a guerra retornou a Galicia, completou os estudos de Dereito en Santiago de Compostela, onde montou unha Academia (Enseñanzas "Gelmirez"), e despois exerceu a avogacía en Ourense. Publicou varios libros de poesía e colaborou en revistas literarias.

Obras En las orillas del Miño, 1956. Posío, 1956 (Premio de poesía "Galicia", 1955). Saudades de Compostela, 1957. Fe de vida. Poesías, 1977. Mensaje de Paz, 1978. Sonetos a Carballino. Márgenes Atlanticas.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (G)

Samuel Gómez, o poeta anarquista

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Baños de Molgas Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Baños de Molgas Categoría:Nados en 1913 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en ano descoñecido