La Voz del Obrero foi un periódico editado na Coruña entre 1910 e 1920.
Historia e características Apareceu o 1 de abril de 1910.El Noroeste, 2-4-1910, p. 2 . Periódico anarcosindicalista, foi voceiro das sociedades de resistencia integradas na Federación Local Obrera da Coruña. O seu primeiro director foi Esteban Fernández Temprano e en 1920 o director era David Díaz Rodríguez. De periodicidade irregular, foi suspendido varios meses pola folga xeral de 1917. Os seus redactores foron Juan Nó Iglesias, José Creo Liste, Enrique Taboada Chas, José Suárez Duque (con crónicas dende París asinadas como Celso Dotet) e Luis Plaza Rey (con crónicas dende Lisboa). Tamén colaboraron os mestres Constancio Romeo e Joaquín Patricio Patiño. Publicou artigos de notorios libertarios como Tárrida del Mármol, Marcelino Suárez e José Negre. Foi suspendido en xaneiro de 1920 e continuado por Solidaridad Obrera.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas
Al pueblo demócrata de la Coruña A todos Suplemento ó núm. 104. ¡Guerra al flamenquismo! ¡Guerra a las corridas de toros! ¡Abajo la prensa ruín y engañadora! Suplemento ó núm. 104. Al pueblo Suplemento ó núm. 184. Un buen consejo Suplemento ó núm. 244. Al Pueblo Suplemento ó núm. 280. El Sindicato de demandaderas del puerto "La energía social" al pueblo Suplemento ó núm. 313. Las cigarreras del Sindicato La Nueva Aurora a la opinión Suplemento ó núm. 314.
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1910 en Galicia Categoría:Prensa obreira Categoría:Prensa anarquista de Galicia