é un filme xaponés dirixido por Akira Kurosawa que se estreou en 1950. Está protagonizado por Toshiro Mifune, Masayuki Mori, Machiko Kyō e Takashi Shimura.
O filme é coñecido polo seu argumento que envolve a varios personaxes que dan versións diferentes dun mesmo suceso; a súa base é o relato "Yabu no naka" de Ryūnosuke AkutagawaBlair Davis; Robert Anderson; Jan Walls (2015). Rashomon Effects: Kurosawa, Rashomon and their legacies. Taylor & Francis. p. 41 e o nome do filme refírese á enorme porta da cidade de Kyoto.
Rashomon marcou a entrada da cinematografía xaponesa na escena internacionalWheeler Winston Dixon, Gwendolyn Audrey (2008) Foster: A Short History of Film. Rutgers University Press, p. 203 e gañou premios como o León de Ouro no Festival de Venecia en 1951 e un Óscar honorífico en 1952.
Sinopse O Xapón do século XII. En Kyoto, baixo as portas do derruído templo de Rashomon, gorécense da torrencial choiva un leñador, un sacerdote budista e un peregrino. Os tres discuten sobre o xuízo a un bandido, acusado de dar morte a un señor feudal e violar á súa esposa. Os detalles do crime son narrados dende o punto de vista do bandido, da muller, do señor feudal -coa axuda dun médium- e do leñador, única testemuña dos feitos.
Personaxes Toshiro Mifune como Tajomaru, o bandido Masayuki Mori como Tashehiro, o samurai Takashi Shimura como O leñador Machiko Kyō como Masago, a esposa Daisuke Kato como O policía Fumiko Honma como A bruxa
Galardóns e nomeamentos 1951: Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa 1952: Nomeado ó Oscar: Mellor dirección artística (Branco e Negro). 1951: Festival de Venecia: León de Ouro. 1951: Círculo de críticos de Nova York: Nomeado a Mellor filme estranxeiro. 1952: Premios BAFTA: Nomeado a mellor filme.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Xapón propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1950 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Akira Kurosawa Categoría:Filmes ambientados no século VIII Categoría:Filmes sobre violación Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes gañadores do León de Ouro Categoría:Óscar honorífico