Unha noite no muíño é o segundo álbum musical do grupo Treixadura. Neste traballo, Treixadura introduce o acordeón como novidade instrumental e dous temas de autor: "Ó pasar por Coruxo" de Enrique Otero Covelo e "Muiñeira do Seixo" de Paulo Nogueira, sendo está última a primeira composición propia que achega o grupo ó seu repertorio. O resto dos temas pertencen á música tradicional do país.
Intérpretes Xan López: Gaita, bombo, voz e coros. Antón López: Gaita, tamboril, pandeireta, cunchas, voz e coros. Xaquín Xesteira: Gaita, tamboril, pandeireta, pandeiro, cunchas e coros. César Longa: Acordeón, bombo e coros. Paulo Nogueira: Gaita e bombo.
Listaxe de cancións "O Melro" "Ó pasar por Coruxo" "Xota de Xosé" "Vinde rapazas (I)/Vinde rapazas (II)" "Valses da Arousa (I)/Valses da Arousa (II)" "Esta noite (Alalá de Meira)" "Marchas Procesionais (I)/Marchas Procesionais (II)" "San Fins do Castro" "Pasodoble de San Roque" "Terra de Montes" "Muiñeira do Seixo" "Polca dos Matos"
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Treixadura
Categoría:Álbums de Treixadura Categoría:Álbums musicais de 1999