O fuxitivo (en ) é un filme estadounidense de acción dirixido por Andrew Davis que se estreou en 1993. Baséase na serie de televisión The Fugitive creada por Roy Huggins.
Estreouse en galego na TVG o 27 de novembro de 2011.
Sinopse A vida do doutor Richard Kimble, un reputado cirurxián que ten unha fermosa esposa e unha luxosa casa nun elegante barrio de Chicago, desfaise o día en que a súa muller é asasinada por un misterioso manco. Kimble é acusado do crime e é condenado a morte. Mentres é trasladado ó cárcere, o autobús onde viaxa sofre un accidente que facilita a fuga de varios presos, entre eles o propio Kimble. O detective Samuel Gerard consegue atrapar a tódolos prófugos agás ó escorregadizo Kimble. Unha vez en liberdade, Kimble sabe moi ben que se quere probar a súa inocencia terá que atopar ó misterioso manco, á vez que deberá eludir a implacable persecución do detective Gerard.
Personaxes Harrison Ford como Richard Kimble Tommy Lee Jones como Samuel Gerard Sela Ward como Helen Kimble Joe Pantoliano como Cosmo Renfro Andreas Katsulas como Frederick Sykes Jeroen Krabbé como Charles Nichols Daniel Roebuck como Robert Biggs Tom Wood como Noah Newman L. Scott Caldwell como Erin Poole Julianne Moore como Anne Eastman Ron Dean como Detective Kelly Joseph Kosala como Detective Rosetti Jane Lynch como Kathy Wahlund
Galardóns e nomeamentos 1993: Oscar: Mellor actor secundario (Tommy Lee Jones). 7 nomeamentos. 1993: Globo de Ouro: Mellor actor secundario (Tommy Lee Jones). 3 nomeamentos. 1993: BAFTA: Mellor son. 4 nomeamentos, incluíndo mellor actor secundario (Lee Jones).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Andrew Davis Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en Chicago Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes rodados en Tennessee Categoría:Filmes sobre temas médicos Categoría:Filmes baseados en series de televisión Categoría:Filmes ambientados en Indiana Categoría:Filmes de 1993 con versión en galego