Maximiliano Coto López, nado na Estrada en 1888, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Canteiro de profesión. Membro activo da sociedade agraria de Luou. Foi fundador e primeiro presidente da Sociedad de Oficios Varios de Teo y Ames (1918). Foi tiroteado pola Garda civil durante a folga de outubro de 1919, quedando inútil do brazo dereito. Mambro da directiva do Centro Republicano de Teo, reorganizou a Agrupación Socialista de Santiago de Compostela en 1931, da que tamén foi directivo. Durante a República traballou no Hospital de Santiago, sendo elixido presidente dos empregados.La Voz de Galicia, 28-3-1933, p. 9. Participou nos mitins da campaña do Estatuto organizados polo Comité Pro-Autonomía de Santiago de Compostela, como o de Noia.La Voz de Galicia, 19-6-1936, p. 8. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado pola autoridade militar en agosto.El Eco de Santiago, 29-8-1936, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados na Estrada
Categoría:Nados en 1888