Megabeat foi un conxunto valenciano de música electrónica e selo discográfico (Megabeat Records) formado por Fran Lenaers, Julio "Nexus" e Gani Manero aparecido a finais de 1989 e que tivo o seu punto álxido entre 1990 e 1991. Tamén foron coñecidos por outros nomes coma Interfront, Invisible ou Sun Corporation.

Traxectoria Megabeat supuxo un sopro de aire renovador sobre as correntes eurobeat e ítalo house/spaghetti disco que predominaban nas discotecas españolas en 1990. De ascendencia techno/dancefloor se lles considera os pais do controvertido Son de Valencia. Entre as súas influencias principais salientan xéneros coma a EBM, o rock gótico, o tecnopop, o new beat e mailo trance alemán da primeira época. Tamén é salientable a influencia que neles exerceron conxuntos veteranos coma Kraftwerk e Front 242, e en distinta medida unha longa lista de grupos europeos que comezaron a se abriren paso, sobre todo no Levante español, propiciando un panorama favorable a esta formación valenciana.

Á marxe dos rumores e a considerable lenda que xira arredor deste grupo hai que dicir que a súa música pouco o nada ten que ver co concepto actual do Son de Valencia, estilo que comezou a masificarse polo ano 1992 e que desembocou no que hoxe enténdese como bakalao ou mákina, se ben estas etiquetas xa se empregaran en 1990 para se referir a todo tipo de música electrónica aplicada á pista de baile, independentemente do seu xénero.

É importante suliñar que aínda que a carreira de Megabeat foi curta chegaron a lanzar unha trintena de discos ao mercado, editados baixo distintos nomes segundo o tipo de xénero, que ían dende a electrónica instrumental máis melódica ata a EBM, pasando polo techno máis corporal, nunha fusión moi persoal que axiña callou nos pratos dos discjockeys.

Chegouse a dicir que a obra de Megabeat eclipsou ós propios compoñentes do grupo, facéndose máis popular a súa música que o seu propio nome. De calquera xeito trátase dunha figura chave que absorbeu e sintetizou a vangarda europea para introduciren, coma un repetidor, un novo campo na escena electrónica española, orixinando toda unha morea de novos artistas e produtores.

Discografía Interfront (Invisible 1) Es imposible, no puede ser... (Invisible 2) War!! Serie Megabeat (cinco discos)

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial de Interfront en MySpace Páxina oficial de Interfront

Categoría:Música electrónica Categoría:Grupos musicais da Comunidade Valenciana