Fernando Olmedo Reguera, nado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 1873 e finado en Madrid o 12 de agosto de 1936, foi un frade e xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Fernando Olmedo e Elisa Reguera, propietarios dos almacéns Olmedo da vila de Pontevedra. Nesta cidade fundou o Círculo Católico de Obreros e colaborou en El Criterio Gallego e El Áncora, do que tamén foi director. Tamén colaborou en El Pensamiento Galaico e El Alcance de Santiago de Compostela. Doutorouse en Dereito, e o 15 de febreiro de 1901 ingresou na orde dos capuchinos, sendo ordenado presbítero o 31 de xullo de 1904.
Foi asasinado durante a guerra civil española, e soterrárono na cripta da basílica de Xesús de Medinaceli de Madrid. Foi beatificado o 3 de outubro de 2013.. Na cidade de Pontevedra unha rúa leva o nome Padre Fernando Olmedo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Álvarez Castro, Xosé: "O asasinato do padre Olmedo" 31/9/2011.
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Monxes de Galicia Categoría:Capuchinos de España Categoría:Asasinados polo bando republicano Categoría:Beatos de Galicia Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Xornalistas asasinados