Gliese 176 (HD 285968) é un anana vermella que está na constelación de Taurus. Baseándose nas medicións da paralaxe feitas pola misión Hipparcos, a estrela está situada a preto de 31 anos luz de distancia. A estrela ten orbitando un planeta tipo Superterra.

Sistema planetario

No 2008, anunciouse que esta estrela tiña un compañeiro planetario. Isto baseouse nun programa de cinco anos de medicións de velocidades radiais co telescopio Hobby-Beber. Estas observacións amosaban unha periodicidade de 10,24 días, a cal foi interpretada coma unha consecuencia da presenza dun planeta. Cunha semi-amplitude de 11,6 m/s, a masa mínima estimada do planeta foi de 24,5 veces a masa da Terra, ou 1,4 veces a masa de Neptuno.

Observacións feitas co espectrógrafo HARPS non puideron confirma-la variación de 10,24 días. Pola contra, outras dúas periodicidades foron detectadas en 8,78 e 40,0 días, con amplitudes por baixo do posible erro de observación do HET. A variación de 40 días coincide co período de rotación da estrela e, polo tanto, é causada pola actividade da mesma, pero a variación de curto prazo non é explicada pola actividade da propia estrela, e polo tanto, é causada por un planeta. A súa semi-amplitude de 4,1 m/s correspondese cunha masa mínima de 8,4 masas da Terra, facendo do planeta unha Super-Terra.

Nun estudo independente, observacións feitas co telescopio Keck tampouco conseguiron confirma-lo sinal de 10,24 días. Detectouse unha periodicidade de 8,77 días - correspondente ó planeta anunciado polo equipo HARPS - á que se lle asignou unha importancia intermedia, pero non foi considerada o suficientemente importante para reclamar unha causa planetaria, baseándose só nos seus propios datos.

Notas

Categoría:Estrelas na secuencia principal tipo-M Categoría:Constelación de Taurus