A Xornada Mundial da Xuventude de 1989, tivo lugar durante os días 19 e 20 de agosto de 1989 en Santiago de Compostela, Galicia e o 21 de agosto en Covadonga (Asturias). Esta cuarta edición foi a primeira dunha XMX na Unión Europea, agás as dúas primeiras edicións celebradas en Roma en 1984 e 1985, e tamén foi a primeira vez que o evento non se celebrou no Domingo de Ramos, tendo lugar en verán.

O evento Moitos participantes nas Xornadas chegaron ao lugar a pé durante centos de quilómetros ao longo do Camiño de Santiago. Por primeira vez en Santiago organizáronse catequesis (o 19 de agosto), sobre os temas "Cristo é o Camiño", "Cristo é a Verdade", "Cristo é a Vida", inspirados no versículo do Evanxeo de Xoán (Xoán 14.6). Entre os responsables da catequesis estiveron Chiara Lubich (fundadora do Movemento dos Focolares), Carlo Maria Martini, don Massimo Camisasca e don Antonio Lanfranchi.

A vixilia pechou coa presenza do papa Xoán Paulo II no Monte do Gozo.Nese lugar erixiuse máis tarde un monumento en memoria da visita papal, que foi retirado no ano 2021 polo seu mal estado de conservación."Retiran la escultura del papa en el Monte do Gozo para habilitar un espacio verde en su lugar", La Voz de Galicia, 11.03.2021.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Camiño de Santiago Categoría:1989 Categoría:Festas cristiás Categoría:Historia de Santiago de Compostela