Horacio Tenreiro Arias-Uría, finado en Madrid o 6 de febreiro de 1939, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Durante a ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro da Coruña, foi nomeado deputado provincial e elixido presidente da Deputación da Coruña o 16 de outubro de 1926. Foi membro da Asemblea Nacional Consultiva como representante das Deputacións provinciais (1927-1929). Dimitiu como deputado provincial en xaneiro de 1929. Na República integrouse en Renovación Española. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Madrid, onde finou o 6 de febreiro de 1939.El Correo Gallego, 15-3-1939, p. 3.El Ideal Gallego, 5-2-1942, p. 3.
Vida persoal Casou con María del Carmen Molezún Núñez en 1907.Diario de Pontevedra, 30-12-1907, p. 2. Notas
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Finados en 1939