After the Gold Rush é o terceiro álbum do músico canadense Neil Young, publicado o 31 de agosto de 1970 a través do selo Reprise Records. O disco está formado principalmente por música country folk, xunto coa máis roqueira "Southern Man". Os temas foron inspirados polo guión de Dean Stockwell-Herb Berman After the Gold Rush.

After the Gold Rush acadou o número 8 na lita de álbums da Billboard; os dous sinxelos sacados do mesmo, "Only Love Can Break Your Heart" e "When You Dance I Can Really Love", foron número 33 e 93 na Billboard Hot 100. Os críticos non quedaron inicialmente impresionados co traballo, aínda que dende entón ten sido considerado unha peza mestra e aparece nun bo número de listaxes de mellores álbums.

No ano 2014 o álbum foi incluído no Salón da Fama dos Grammy.

Produción As sesións iniciais de gravación realizáronse coa banda de apoio Crazy Horse nos Sunset Sound Studios dos Ánxeles no medio dunha pequena xira no inverno de 1970 que incluíu un concerto cunha boa recepción con Steve Miller e Miles Davis no Fillmore East. A pesar do deterioración da saúde do guitarrista rítmico Danny Whitten, as sesións produciron dous temas, "I Believe In You" e "Oh, Lonesome Me".

A meirande parte do álbum gravouse nun estudio improvisado no soto da casa de Young en Topanga Canyon durante a primavera co baixista de Crosby, Stills, Nash, & Young Greg Reeves, o batería de Crazy Horse Ralph Molina e o florecente prodixio musical de 18 anos Nils Lofgren, da banda de Washington, D.C. Grin, no piano. A incorporación de Lofgren foi unha decisión caracteristicamente indiosincrática de Young: Lofgren non tocara os teclados habitualmente antes das sesións. Xunto con Jack Nitzsche, Lofgren acabaría uníndose a Crazy Horse antes de conseguir o éxito co seu propio grupo, coa súa carreira en solitario e de ser membro durante 25 anos da E Street Band de Bruce Springsteen. A biografía de Young Shakey di que Young estaba intencionadamente intentando combinar Crazy Horse e CSNY neste disco,McDonough, Jimmy. Shakey: Neil Young's Biography. Nova York: Random House Inc., 2002 con membros da primeira banda aparecendo xunto con Stephen Stills (que colaborou cos coros en "Only Love Can Break Your Heart") e Reeves.

A portada é unha imaxe solarizada de Young camiñando polo campus de Dereito da Universidade de Nova York e cruzándose cunha muller. A imaxe foi tomada polo fotógrafo Joel Bernstein e supostamente estaba desenfocada. Debido a iso decidiuse enmascarar a cara borrosa solarizando a imaxe. A fotografía está recortada; a imaxe orixinal incluía ao amigo de Young e compañeiro en CSNY Graham Nash.

Portada A portada do álbum foi deseñada polo director de arte Gary Burden, quen seguiría traballando con Young nas portadas dos seus discos ata a súa morte en 2018. Young describe a relación nas súas memorias, Waging Heavy Peace:Coñecín a Gary Burden nas sesións fotográficas para a portada de CSNY de Déjà Vu, o meu primeiro álbum icon CSN. Gary e eu fixemos bos amigos e xusto despois traballamos xuntos na portada do álbum After the Gold Rush. Encantoume o que fixo coas fotografías. Gary e eu estivemos traballando xuntos dende ese momento, e fixen con el a gran maioría das portadas dos meus álbums, dos meus anuncios e dos meus cancioneiros. É un dos meus compadres máis próximos. Gary e a súa muller, Jenice, seguen traballando comigo en todas as portadas dos discos. Estamos facendo o traballo da nosa vida xuntos.Young, Neil. 2012. Waging Heavy Peace. Penguin Publishing Group

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Neil Young, agás onde se indique. Os tempos das cancións son dolanzamento orixinal en vinilo de 1970, número de catálogo RS 6383.

Notas

Categoría:Álbums de Neil Young Categoría:Álbums musicais de 1970 Categoría:Álbums de Reprise Records