Metallica (tamén coñecido como The Black Album) é o quinto álbum da banda estadounidense de heavy metal Metallica, publicado o 12 de agosto de 1991 a través do selo Elektra Records. Del sacáronse cinco sinxelos que na actualidade son das canións máis coñecidas do grupo: "Enter Sandman", "The Unforgiven", "Nothing Else Matters", "Wherever I May Roam", e "Sad but True". A banda promoveu o álbum cunha serie de xiras. No ano 2003 foi elixido número 255 na lista da Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos. O disco marcou un cambio no son do grupo cara a un menos áspero que o estilo thrash metal dos seus anteriores catro traballos.
A gravación de Metallica foi complicada, tendo a banda conflitos frecuentemente co produtor Bob Rock. O disco estreouse no número 1 de dez países, e pasou catro semanas consecutivas no primeiro posto da lista Billboard 200, sendo o primeiro disco de Metallica en chegar ao número 1 das listas. Trátase do álbum máis vendido da banda, con 30 millóns de unidades en tdo o mundo. Foi certificado platino 16 veces pola RIAA o 13 de decembro de 2012. Metallica tocouno enteiramente ao vivo durante a súa xira do 2012 European Black Album Tour.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Metallica Categoría:Álbums musicais de 1991 Categoría:Álbums producidos por Bob Rock Categoría:Álbums de Elektra Records