thumb|Prensa moderna de viño.
Unha prensa de viño ou lagareta é un dispositivo empregado para extraer o zume de uvas como parte do proceso de produción do viño. Existen varios tipos de prensas utilizadas polos vitivinicultores mais a súa funcionalidade é a mesma. Cada tipo de prensa emprega a presión controlada para ceibar o zume do bago. A presión non pode ser excesiva, para evitar crebar a sementes e achegar un exceso de tanino ao viño. O home está a producir viño dende o 6.000 aC; no ano 2011 desenterrouse unha prensa de viño en Armenia que contiña vestixios de elaboración de viño tinto de hai 6.000 anos. As prensas son comúns na diferentes zonas de produción de viño de Galiza, normalmente instaladas nas adegas das casas ou nunha construción senlleira, denominada lagar; de feito moitas veces a prensa recibe o nome de lagar.
Tipos de prensas A prensa tradicional galega consta dunha soleira tallada en pedra de gra no que se sitúa a gaiola de madeira ou mesmo un gran pío granítico fechado cunha tampa sobre a que acouga unha gran trabe de carballo ou castiñeiro que esmaga o bago facendo presión normalmente cun parafuso fixo de madeira vertical que apoia nun pé de pedra e que atravesa a trabe. Véxase a foto da dereita en branco e negro.
Prensa de gaiola Unha prensa de gaiola consiste nun canastro que se enche co bago para ser prensado. Aplícase presión tras dunha tampa que é obrigada a baixar sobre a froita. O mecanismo para baixar a tampa adoita ser un parafuso ou un aparello hidráulico. O zume flúe polos buratos da gaiola. A prensa de gaiola foi o primeiro tipo de prensa mecanizada que se desenvolveu, e o seu deseño básico non cambiou en case 1.000 anos.David Bird, Understanding Wine Technology The Science of Wine Explained, p 47 ISBN 1-891267-91-4 (en inglés)
Parafuso horizontal Unha prensa de parafuso horizontal funciona usando o mesmo principio que a prensa de gaiola. No canto de utilizar unha tampa para facer presión sobre o bago, achéganse dúas tampas colocadas nos dous extremos dun cilindro fechado para apertar as uvas. Xeralmente o volume de uvas utilizado é moito maior ca o volume procesado nunha prensa de gaiola. Bird, p 49
Prensa pneumática A prensa pneumática consiste nun cilindro grande, fechado en ambos os lados, no que fica a froita. Para prensarmos as uvas, un globo as estende e empurra. O zume flúe ao exterior polos buratiños do cilindro. O cilindro xira durante o proceso para axudar coa homoxeneización da presión aplicada ao bago.Dr. Yair Margalit, Winery Technology & Operations A Handbook for Small Wineries p42-43 ISBN 0-932664-66-0
Parafuso continuo O parafuso continuo é distinto das prensas xa mencionadas porque non procesa un só lote de uvas á vez. No canto diso emprega un parafuso de Arquimedes para forzar o bago continuamente esmagándoo contra a parede do aparato. Extráese o zume e o bagazo continúa até o fin onde é extraído.Margalit p 46 Este tipo de prensa non se utiliza moito para producir viño de mesa, e algúns países prohiben o seu uso nos viños de maior calidade. Bird, p 52
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lagar Bagazo
Categoría:Viño Categoría:Máquinas