Gustav Casmir, nado en Berlín o 5 de novembro de 1874 e finado o 2 de outubro de 1910, foi un tirador de esgrima alemán, gañador de catro medallas nos Xogos Olímpicos de 1906.
Traxectoria
Era tío do tirador de esgrima e tamén medallista olímpico Erwin Casmir. Gustav participou, con 29 anos, nos Xogos Olímpicos de 1904 celebrados en St. Louis (Estados Unidos), onde conseguiu finalizar cuarto nas probas individuais de espada e florete. Nos Xogos Olímpicos de 1906 de Atenas (Grecia), e actualmente non recoñecidos como oficiais polo Comité Olímpico Internacional (COI), gañou a medalla de ouro nas probas de sabre por equipos e sabre (tres golpes individual), así como a medalla de prata nas probas de florete e sabre individual. Tamén parcipou na proba por equipos de espada, finalizando quinto.
Véxase tamén Ligazóns externas www.sports-reference.com - Gustav Casmir
Categoría:Esgrimistas de espada Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Esgrimistas de florete Categoría:Esgrimistas olímpicos de Alemaña Categoría:Nados en 1874 Categoría:Nados en Berlín Categoría:Finados en 1910 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1904