Radio 4 é unha banda estadounidense de dance-punk baseada en Brooklyn, Nova York. Formada en 1999, está composta por Anthony Roman (voces, baixo), David Milone (voves, guitarra), Greg Collins (batería) e P.J. O'Connor (percusión).

Citan unha gran variedade de influencias, como Gang of Four, Mission of Burma, Primal Scream e Zero Zero, aínda que o seu alegre son punk combinado coa súa posición política militante relacionaos inevitablemente con The Clash.

O seu nome ven dunha canción do segundo álbum de Public Image Ltd., que á súa vez fai referencia á BBC Radio 4.

Discografía Álbum Ano Selo The New Song & Dance 2000 Gern Blandsten Records Gotham! 2002 Gern Blandsten Records Stealing of a Nation 2004 Astralwerks Enemies Like This 2006 Astralwerks

Categoría:Grupos musicais de Brooklyn Categoría:Grupos musicais de dance-punk Categoría:Grupos musicais de post-punk revival Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 1999