As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2012 celebráronse o 25 de marzo de 2012 para elixir os 45 deputados da IX lexislatura asturiana. Coincidiron coas eleccións andaluzas. O presidente do Principado de Asturias, Francisco Álvarez-Cascos, no cargo desde xullo de 2011, comunicou o adianto das eleccións o 30 de xaneiro de 2012, tras presidir durante seis meses o Goberno.Cascos convoca por sorpresa elecciones anticipadas en Asturias para el 25 de marzo RTVE.es
As anteriores eleccións foran convocadas en maio de 2011, podendo o Goberno resultante exercer a súa función como máximo até 2015.
Candidaturas
Partidos con representación parlamentaria Partido Socialista Obrero Español (PSOE) A Federación Socialista Asturiana (FSA-PSOE) propón de novo o seu secretario xeral, Javier Fernández Fernández, como candidato á presidencia. Nas eleccións de 2011, a candidatura encabezada por Fernández foi a máis votada, aínda que obtivo un escano menos que Foro Asturias debido á división en tres circunscricións.
Foro de Ciudadanos (FAC) Foro Asturias, o partido con maior número de escanos na Xunta Xeral saínte, presenta de novo a Francisco Álvarez-Cascos, que foi elixido presidente do Principado tras as eleccións de 2011 e que adiantou as eleccións tras non lograr aprobar os orzamentos de 2012.
Partido Popular (PP) O Partido Popular, terceiro partido en escanos da Xunta Xeral saíente, presentou unha candidata nova, Mercedes Fernández "Cherines". Fernández, que foi cabeza de lista do PP por Asturias nas eleccións xerais de 2011, nas que este partido foi o máis votado, substitúe a Isabel Pérez-Espinosa. Fernández é considerada como unha persoa que no seu momento estivo próxima a Francisco Álvarez-Cascos cando aquel militaba no PP.
Izquierda Unida de Asturias - Izquierda Xunida d'Asturies (IU-IX) Aínda que durante o período previo á elección formal do candidato considerouse a Gaspar Llamazares, que fora o cabeza de lista de Izquierda Unida por Asturias nas eleccións xerais de 2011, nas que foi elixido deputado, finalmente Izquierda Unida de Asturias (IU-IX) designou como candidato á presidencia a Jesús Iglesias, coordinador da formación en Asturias e que repetía como cabeza de lista.
IU-IX non renovou a súa coalición con Los Verdes de Asturias (agora integrados en Equo) a pesar de terlles ofrecido concorrer de novo en coalición. Segundo Equo, as condicións ofrecidas por IU-IX eran peores que as establecidas nas eleccións de 2011.
Unión Progreso y Democracia (UPyD) UPyD tras un proceso de primarias presenta de novo a Ignacio Prendes como candidato, que nas pasadas eleccións autonómicas quedou a uns 500 votos de obter acta de deputado.
Partidos sen representación parlamentaria
Escaños en Blanco (Eb) EQUO – Los Verdes de Asturias (Equo-Los Verdes) Tras descartar a oferta de Izquierda Unida para revalidar a coalición, Los Verdes de Asturias, integrados desde xuño de 2011 en Equo, elixiron mediante primarias abertas a militantes e simpatizantes o seu candidato á presidencia do Principado. A elixida foi Pilar Calvo Holgado, co-portavoz de Equo Asturias e cabeza de lista da formación nas anteriores eleccións xerais.
Bloque por Asturies-Unidá Nacionalista Asturiana-Los Verdes-Grupo Verde, Compromisu por Asturies (BA-UNA-LV-GV) Bloque por Asturies e Unidá Nacionalista Asturiana revalidaron a coalición que presentaron nas anteriores eleccións, ampliándoa esta vez coa coalición Los Verdes-Grupo Verde. Como nas eleccións autonómicas de 2011, Rafa Palacios será o candidato á presidencia e Yolanda Huergo a número dous e portavoz da coalición. Partido Animalista Contra o Maltrato Animal (PACMA) Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE) Independientes de Asturias-Hartos.org (IDEAS-Hartos.org) Independientes de Asturias presenta ao seu presidente, Miguel Ángel Villalba, como candidato á presidencia do Principado, substituíndo o anterior candidato, Juan Morales. Só se presentan nas circunscricións central e occidental. Andecha Astur (ANDECHA) Andecha Astur preséntase ás eleccións utilizando as súas propias siglas, en vez de conformar unha plataforma electoral como fixera en 2011 (Conceyu Abiertu). Arturu Xosé Bermeyu foi o seu cabeza de lista. Unión Renovadora Asturiana (URAS) Para estas eleccións non recuncou a candidatura de Unión Asturianista, formada polo Partido Asturianista (PAS) e a Unión Renovadora Asturiana (URAS), xa que aquel decidiu non concorrer debido a dificultades económicas. A URAS presenta como candidato o seu presidente, Javier López Alonso. Partido Democrático y Constitucional (PDyC) Movimiento Social Republicano (MSR) Solidaridad y Autogestión Internacionalista (SAIn) Solidaridad y Autogestión Internacionalista só se presenta na circunscrición central. Unificación Comunista de España (UCE) Agrupación de Electores Auseva Red (AEAR) Só se presenta na circunscrición oriental. Partido Humanista (PH) O Partido Humanista non se presenta na circunscrición central. Partido da Terra Eo-Navia (PT) O Partido da Terra Eo-Navia só se presenta na circunscrición occidental, sendo unha candidatura centrada na comarca do Eo-Navia. Ánxel Suárez será o seu cabeza de lista. Partido Familia y Vida (PFyV) O Partido Familia y Vida só se presenta na circunscrición oriental.
Sondaxes electorais As distintos sondaxes electorais, con estimación dos deputados obtidos polas candidaturas, publicados polos medios de comunicación foron: Sondaxe <center>FAC <center>PSOE <center>PP <center>IU <center>UPyD <center>OutrosResultados 2011 <center>29,66% <center>29,92% <center>19,95% <center>10,28% <center>2,44% <center>5,15% Deputados <center>16 <center>15 <center>10 <center>4 <center>0 <center>0La Gaceta(26/02/2012)</small> <center>- <center>- <center>- <center>- <center>- <center>-Deputados <center>10 <center>15 <center>15 <center>4 <center>1 <center>0La Razón(5/03/2012)1</small> <center>24,45% <center>32,5% <center>23,3% <center>- <center>- <center>-Deputados <center>12 <center>16 <center>12 <center>4 <center>1 <center>0PP(6/03/2012) <center>- <center>- <center>- <center>- <center>- <center>-Deputados <center>9-10 <center>17-18 <center>12-14 <center>4-5 <center>0-1 <center>0CIS(8/03/2012)</small> <center>22,7% <center>28,2% <center>24% <center>14,5% <center>4,4% <center>2,9%Deputados <center>10-11 <center>14 <center>11-12 <center>7 <center>2 <center>0SER(16/03/2012)</small> <center>20,9% <center>35,1% <center>24,3% <center>12,4% <center>2,6% <center>4,7%Deputados <center>10-11 <center>17-18 <center>12 <center>5 <center>0 <center>0El Mundo(18/03/2012) <center>27,1% <center>27,7% <center>22,2% <center>14,8% <center>3,2%2 <center>-Deputados <center>13-14 <center>13-14 <center>10-11 <center>6-7 <center>1 <center>0La Nueva España(18/03/2012)</small> <center>22,5% <center>29,5% <center>22,6% <center>13% <center>3,8% <center>4,8%Deputados <center>11-12 <center>15 <center>11-12 <center>6 <center>1 <center>0ABC(19/03/2012) <center>21% <center>33,3% <center>25,8% <center>10,1% <center>3,8% <center>-Deputados <center>10-11 <center>15-16 <center>12-13 <center>4-5 <center>1 <center>0La Razón(19/03/2012)</small> <center>- <center>- <center>- <center>- <center>- <center>-Deputados <center>11-12 <center>15-16 <center>12-13 <center>5-6 <center>1-2 <center>0CELESTE-TEL(19/03/2012) <center>22,3% <center>32,3% <center>23% <center>12,6% <center>4,2% <center>5,6%Deputados <center>10-12 <center>14-17 <center>11-13 <center>4-7 <center>1-2 <center>0 Nota: 1-Non ten en conta a división de Asturias en tres circunscricións electorais
Nota: 2-Porcentaxe referida só á circunscrición central
Resultados ← Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2012 → Presidente e goberno Partido Candidato Votos % Escanos +/- Presidente: Javier Fernández Goberno: PSOE
Censo: Votantes: 503 395 (55,92%) Abstención: 396 777 (44,08%) Válidos: 499 112 A candidatura: 491 950Partido Socialista Obrero Español (PSOE) Javier Fernández 161 154 32,01% 17 +2Foro de Ciudadanos (FAC) Francisco Álvarez-Cascos 124 332 24,83% 12 -4Partido Popular (PP) Mercedes Fernández 108 111 21,53% 10 =Izquierda Unida de Asturias-Izquierda Xunida d'Asturies (IU-IX) Jesús Iglesias Fernández 69 111 13,78% 5 +1aUnión Progreso y Democracia (UPyD) Ignacio Prendes 18 813 3,75% 1 +1 Escaños en Blanco (Eb) 4 095 0,82% 0 - Equo-Los Verdes de Asturias Pilar Calvo 2 518 0,50% 0 -a Bloque por Asturies-UNA-LV-GV, Compromisu por Asturies Rafa Palacios 1 639 0,32% 0 = Partido Animalista Contra el Maltrato Animal (PACMA) 1 395 0,27% 0 = Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) 772 0,15% 0 = IDEAS-hartos.org Miguel Ángel Villalba 737 0,14% 0 = Andecha Astur (ANDECHA) Arturu Xosé Bermeyu 668 0,13% 0 - Unión Renovadora Asturiana (URAS) Javier López Alonso 444 0,08% 0 = Partido Democrático y Constitucional (PDYC) 230 0,04% 0 = Movimiento Social Republicano (MSR) 178 0,03% 0 - Solidaridad y Autogestión Internacionalista (SAIn) 176 0,03% 0 - Unificación Comunista de España (UCE) 167 0,03% 0 = Agrupación de Electores Auseva Red 55 0,01% 0 - Partido Humanista (PH) 26 0% 0 - Partido da Terra Eo-Navia 13 0% 0 Partido Familia y Vida (PFyV) 5 0% 0 - a Nas anteriores eleccións, Izquierda Unida e Los Verdes (agora integrados en Equo) concorreron en coalición.
Voto CERA O PSOE obtivo a vitoria no voto do CERA, co 47,11%; o PP obtivo o 22,27%, FAC o 12,38%, IU o 9,96% e UPyD o 2,60%.
Votación de investidura
O candidato socialista, Javier Fernández, foi o único candidato proposto polos grupos parlamentarios a Presidente do Principado de Asturias, o que garantía a súa elección.Javier Fernández será el único candidato en la sesión de investidura en Asturias Consultado o 28 de agosto de 2013. Foi elixido, en primeira convocatoria, o 23 de maio de 2012 por maioría absoluta, co apoio de 23 deputados da Cámara, os 17 do seu grupo parlamentario, os 5 de IU e o de UPyD. Os parlamentarios de FAC e PP abstivéronse.
Primeira votación de investidura<small>Maioría absoluta: 23/45 Voto Partidos Votos Javier Fernández PSOE (17), IU (5), UPyD (1) 23 Abstención FAC (12), PP (10) 22
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Resultados das eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2012. Web do Goberno do Principado de Asturias.
Categoría:Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias Categoría:Eleccións celebradas en 2012