María Mercedes Fernández González, coñecida como Cherines, nada en Xixón o 4 de agosto de 1960, é unha avogada, profesora universitaria e política española. É titora de Dereito procesual do centro asociado da UNED en Asturias.
Biografía Estudou no Colexio do Santo Anxo da Garda e licenciouse en Dereito na Universidade de Oviedo e en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Nacional de Educación a Distancia."El retorno de «Cherines»" La Nueva España. Consultado o 31 de xullo de 2013.
Traxectoria política Presidiu o Partido Popular de Xixón entre 1989 e 2000.
Concelleira Foi concelleira no Concello de Xixón entre 1983 e 1993. Regresou en 1995, retomando a súa función de portavoz municipal.
Deputada Foi deputada en Cortes Xerais nas lexislaturas V, VI, VII e XX.
Outros cargos Foi Delegada do Goberno entre 2000 e 2004, e síndica de contas do Principado de Asturias.
Candidatura á Presidencia de Asturias
Foi cabeza de lista do Partido Popular por Asturias nas eleccións xerais de España de 2011 sendo a lista máis votada, ocupando así o cargo de deputada no Congreso. En 2012, Mercedes foi elixida candidata á presidencia do Principado de Asturias polo Partido Popular nas eleccións do 25 de marzo de 2012, que foron anticipadas debido á disolución da Xunta Xeral do Principado de Asturias anunciada por Francisco Álvarez-Cascos oito meses despois de saír o seu partido, Foro Asturias, gañador das anteriores eleccións autonómicas."Mercedes Fernández será la candidata del PP en las elecciones asturianas" La Nueva España. Consultado o 31 de xullo de 2013. O PP mantívose nos 10 escanos que obtivo nos comicios de 2011.
Notas
Véxase tamén
Web oficial do PP en Asturias
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Políticos do PP Categoría:Deputados da Xunta Xeral do Principado de Asturias Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)