2M1207b é un planeta extrasolar que orbita ó redor da estrela anana marrón 2M1207 na constelación de Centaurus, e está a preto de 170 anos luz da Terra.~ emamajek/memo_2m1207.html "A distancia ó sistema 2M1207", Eric Mamajek, 8 de novembro do 2007. Consultado o 15 xuño do 2008. Destacado por ser un dos primeiros candidatos a planeta extrasolar observados directamente (a través de imaxes no infravermello), foi descuberto en abril de 2004 polo Very Large Telescope (VLT) dende o Observatorio de Paranal, Chile, por un equipo do Observatorio Europeo do Sur liderado por Gaël Chauvin.A giant planet candidate near a young brown dwarf. Direct VLT/NACO observations using IR wavefront sensing, G. Chauvin, A.-M. Lagrange, C. Dumas, B. Zuckerman, D. Mouillet, I. Song, J.-L. Beuzit, P. Lowrance, Astronomy and Astrophysics, 425 (October 2004), pp. L29–L32. Bibcode:2004A&A...425L..29C, Doi:10.1051/0004-6361:200400056. Pénsase que ten entre 3 a 10 veces a masa de Xúpiter e podería orbitar ó redor da súa estrela primaria a unha gran distancia, semellante á distancia a que orbita ó redor do noso Sol.Star: 2M1207 , Extrasolar Planets Encyclopaedia. Consultado o 15 de xuño do 2008.

Este planeta é un xigante gasoso moi quente, a temperatura estimada da superficie é de aproximadamente 1.600 K (1.300 °C ou 2.400 °F), principalmente debido á contracción gravitacional.The Planetary Mass Companion 2MASS 1207-3932B: Temperature, Mass, and Evidence for an Edge-on Disk, Subhanjoy Mohanty, Ray Jayawardhana, Nuria Huelamo, and Eric Mamajek, Astrophysical Journal 657, #2 (marzo de 2007), pp. 1064–1091. Bibcode:2007ApJ...657.1064M, Doi:10.1086/510877. A súa masa está ben por baixo do límite calculado para a fusión do deuterio en ananas marróns, que é de 13 masas de Xúpiter. A proxección da distancia entre 2M1207b e a súa estrela primaria é de preto de 40 UA (Similar á distancia media entre Plutón e o Sol).A proxección estimada da separación observada obtívose da separación angular observada e distancia estimada. O espectro infravermello indica a presenza de moléculas de auga na súa atmosfera. O obxecto non é un probable candidato para sustenta-la vida, tanto na súa superficie ou en calquera dos seus satélites.

Descubrimento, identificación e propiedades miniatura|left|200px|Imaxe infravermella de 2M1207 (azulada) e do seu acompañante planetario 2M1207b (avermellado), tomada polo Observatorio Europeo do Sur no ano 2004. miniatura|left|200px|Simulación de 2M1207b do programa de software libre Celestia.

2M1207b é preto de 100 veces máis débil no ceo que a súa compañeira.Luminosidade bolométrica, Táboa 1, Mohanty 2007. Detectouse por primeira vez coma un "puntiño avermellado de luz" en 2004 polo VLT. Trala observación de inicio, había algunha dúbida en canto a saber se os obxectos podían ser só unha simple binaria óptica, pero observacións posteriores do Telescopio Espacial Hubble e do VLT demostraron que os obxectos móvense xuntos e son, polo tanto, presuntamente un sistema binario.Si, é a imaxe dun exoplaneta: Astrónomos confirman a primeira imaxe dun planeta fora do noso sistema solar, ESO Press Release 12/05, 30 de abril de 2005, Observatorio Europeo do Sur. Consultado o 10 de xullo do 2010.

O valor inicial da estimación fotométrica da distancia ata 2M1207b era de 70 parsecs. En decembro do 2005, o astrónomo norteamericano Eric Mamajek informou dunha avaliación máis precisa da distancia (53 ± 6 parsecs) para 2M1207b usando o método de cúmulo en movemento. Recentes resultados das paralaxes trigonométricas confirmaron esta distancia de cúmulo en movemento, levando a unha estimación de distancia de 52,75 parsec ou 172 ± 3 anos luz.

As estimacións para a masa, tamaño e temperatura de 2M1207b aínda son moi pouco precisas. Aínda que as evidencias espectroscópicas son consistentes cunha masa de 8 ± 2 masas de Xúpiter e unha temperatura de superficie de 1600 ± 100 K, os modelos teóricos para este obxecto predín unha luminosidade 10 veces maior cá observada. Debido a isto, foron propostas estimacións máis baixas para a masa e temperatura. Alternativamente, 2M1207b pode estar escurecido por un disco de po e gas. Como unha posibilidade improbable, Mamajek e Michael Meyer suxiren que o planeta é realmente moi pequeno, pero está irradiando calor xerada por unha recente colisión.An Improbable Solution to the Underluminosity of 2M1207B: A Hot Protoplanet Collision Afterglow, Eric E. Mamajek and Michael R. Meyer, Astrophysical Journal 668, #2 (October 2007), pp. L175–L178. Bibcode:2007ApJ...668L.175M, Doi:10.1086/522957.

Aínda que a masa de 2M1207b é menor que a necesaria para que a fusión do deuterio comece, isto ocorre a partir das 13 masas de Xúpiter, e a imaxe de 2M1207b foi amplamente aclamada coma a primeira imaxe directa dun planeta extrasolar, pode ser cuestionado se 2M1207b é realmente un planeta. Algunhas definicións do termo planeta esixen que un planeta se teñan formado do mesmo xeito cós planetas do noso Sistema Solar, por acrecentamento nun disco protoplanetario.E.g., Soter, in What Is a Planet?, Astronomical Journal 132, #6 (December 2006), pp. 2513–2519. Bibcode:2006AJ....132.2513S, Doi:10.1086/508861. Con esta definición, se 2M1207b se formou directamente por colapso gravitacional dentro dunha nebulosa de gas, sería clasificado como unha sub-anana marrón, no canto dun planeta. Un debate similar existe en relación á identidade de GQ Lupi b, tamén fotografada por primeira vez en 2004.Fresh Debate over First Photo of Extrasolar Planet, Robert Roy Britt, space.com, April 30, 2005. Consultado 0 16 de xuños do 2008. Por outra banda, o descubrimento de casos marxinais como o de Cha 110913-773444-a, poñen en riba da mesa a cuestión se distinguir polo xeito da súa formación é unha forma razoable de distinguir entre estrelas/ananas marróns e planetas.A Planet With Planets? Spitzer Finds Cosmic Oddball , Whitney Clavin, news article, NASA, November 29, 2005. Consultado o 16 de xuño do 2008. No 2006, a Unión Astronómica Internacional, a través do seu grupo de traballo sobre planetas extrasolares, describían a 2M1207b coma "un posible compañeiro planetario masivo que podería ser unha anana marrón".Lists of Extrasolar Planets , IAU Working Group on Extrasolar Planets, August 28, 2006. Consultado o 15 de xuño do 2008.

Citas

Véxase tamén Outros artigos

Planeta extrasolar Xigante gasoso Xúpiter quente

Ligazóns externas

ESO Press Release 12/05:Yes, it is the Image of an Exoplanet BBC: Planet 'seen' around distant sun Space.com - Astronomers Confident: Planet Beyond Solar System Has Been Photographed Space.com article on the discovery

"A Giant Planet Candidate Near a Young Brown Dwarf" (PDF) from the European Southern Observatory. Space.com: Fresh Debate over First Photo of Extrasolar Planet "A Moving Cluster Distance to the Exoplanet 2M1207 B in the TW Hydrae Association" "The Planetary Mass Companion 2MASS 1207-3932B: Temperature, Mass, and Evidence for an Edge-on Disk" "Planet collision could explain alien world's heat"

Categoría:Planetas extrasolares Categoría:Constelación de Centaurus