Juan José Rey MaceiraNome de Juan na páxina do concello de Negreira é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Corredor de seguros. Encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Negreira nas eleccións municipais de 1991 pero non conseguiu a maioría absoluta. Volveu encabezar a candidatura do PPdeG nas municipais de 2007, e tampouco conseguiu a maioría. Repetiu como candidato do PPdeG nas municipais de 2011. Ao non acadar a maioría pactou co Partido Blanco de Negreira (PBN) encabezado por José Blanco Pazos, que foi elixido alcalde. En virtude deste acordo, José Blanco dimitiu en xuño de 2013 e Juan Rey foi elixido alcalde. Nas eleccións de maio de 2015 o PPdeG non obtivo a maioría, e pasou á oposición.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Negreira
Ligazóns externas Juan Rey Maceira é o novo alcalde de Negreira
Categoría:Alcaldes de Negreira Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes