Eugène-Henri Gravelotte, nado o 6 de febreiro e finado o 23 de agosto de 1939, foi un tirador de esgrima francés.
Traxectoria Gravelotte foi o primeiro campión olímpico en florete, gañando a competición nos Xogos Olímpicos de 1896, en Atenas. Gravelotte quedou imbatido na rolda preliminar, derrotando os gregos Athanasios Vouros, Konstantinos Komninos-Miliotis e Georgios Balakakis sucesivamente. Entón enfrontouse na final ao francés Henri Callot, quen tamén quedara invicto no outro grupo. Gravelotte gañou por 3-2.
Polas súas accións na primeira guerra mundial levou a Croix de guerra 1914-1918, e tamén recibiu a Lexión de Honra.
Notas
Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Francia Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Francia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1896 Categoría:Esgrimistas de florete Categoría:Nados en París Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1896