Sviatoslav Shevchuk (en ), nado en Stryi, RSS de Ucraína o 5 de maio de 1970, é un eclesiástico católico ucraíno que dende o 25 de marzo de 2011 é o arcebispo maior de Kíiv-Galicia e arcebispo metropolita de Kíiv e, xa que logo, cabeza da Igrexa católica bizantina ucraína.
Traxectoria Primeiros anos Sviatoslav Shevchuk foi ordenado sacerdote o 26 de xuño de 1994, logo de estudar no seminario clandestino ucraíno entre 1983 e 1989. Entre 2002 e 2005 traballou como secretario xefe do Arcebispo Maior Liubomyr Huzar. En 2006 obtivo un doutoramento en teoloxía pola Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino, e foi reitor do seminario de Lviv.
Bispo auxiliar e administrador de Buenos Aires O 14 de xaneiro de 2009 foi nomeado bispo auxiliar da eparquía de Buenos Aires e consagrado bispo o 7 de abril do mesmo ano polo arcebispo Ihor Vozniak. O 10 de abril de 2010 foi nomeado administrador apostólico da mesma diocese. Ademais de ucraíno, coñece o castelán, polaco, ruso, inglés, italiano, grego, latín e eslavo antigo.
Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia O 23 de marzo de 2011 foi elixido Arcebispo Maior da Igrexa Católica Bizantina Ucraína logo da renuncia de Liubomyr Huzar. Esta decisión foi confirmada polo papa Bieito XVI o 25 de marzo de 2011.
O 29 de marzo de 2011 o Arcebispo Maior Shevchuk dixo nunha conferencia de prensa en Kíiv que ía visitar o Santo Pai e que o Sínodo dos Bispos da ICBU preparara unha serie de propostas ao papa, entre elas a posibilidade de elevar á Igrexa Ucraína ao rango de patriarcado. O 12 de xuño de 2012 Sviatoslav Shevchuk foi nomeado membro do Consello Pontificio para a Promoción da Unidade dos Cristiáns.
O 1 de outubro de 2017 celebrou a Divina Liturxia en Minsk nun templo greco-católico belaruso; foi primeira vez dende a supresión da Unión que o metropolita de Kíiv celebraba no territorio de Belarús.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Sviatoslav Shevchuk en Facebook Páxina oficial de Sviatoslav Shevchuk en VK
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Stryi Categoría:Bispos católicos da Arxentina Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino