Vichocuntín é un lugar da parroquia de Pedre no concello de Cerdedo Cotobade, na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE en 2015 tiña cinco habitantes (dous homes e tres mulleres), seis menos ca en 2012.
Toponimia Vichocuntín é un antropotopónimo, derivado do nome do seu posesor medieval: , "o eido de Visclacuntino", de etimoloxía xermánica .
Historia e patrimonio O trazado da estada entre Ourense e Pontevedra propiciou a construción dunha ponte sobre o río Lérez en 1852. A ponte está composta por un arco rebaixado duns 35 m de longo e 25 de alto, con varandas de pedra concertada e lucida, obra dos canteiros da terra. Na segunda metade do século XX modificouse o trazado da estrada N-541, polo que a aldea vella foi abandonada de forma paulatina, e os seus moradores reinstaláronse ao pé da nova estrada.
Hai un peto de ánimas cun cruceiro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Pedre
Parroquias de Cerdedo Cotobade
Notas
Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía