A Igrexa católica bizantina ucraína, ou Igrexa greco-católica ucraína (en ucraíno: Українська греко-католицька церква, Ukrainska hreko-katolytska tserkva), é a maior Igrexa particular oriental da Igrexa católica. O primado da Igrexa é o arcebispo maior de Kíiv-Galicia e toda a Rus. A Igrexa é unha das sucesoras da aceptación do cristianismo polo gran príncipe Vladímir o Grande de Kíiv, en 988. A Igrexa tense estendido coa diáspora ucraína, e a día de hoxe ten uns 40 xerarcas nunha ducia de países en catro continentes, incluíndo outros tres bispos metropolitanos en Polonia, os Estados Unidos e o Canadá. Dende marzo de 2011 o arcebispo maior é Sviatoslav Shevchuk. Dentro da propia Ucraína, o catolicismo é unha confesión minoritaria, a segunda a distancia da maioría ortodoxa. En canto ao número de fieis, a Igrexa católica ucraína é a terceira igrexa do país, logo da Igrexa ortodoxa ucraína do patriarcado de Moscova e da Igrexa ortodoxa ucraína do patriarcado de Kíiv. Estrutura miniatura|250px|Igrexa greco-católica ucraína de San Xoán Bautista de Ottawa, Canadá.
A Igrexa moveu a súa sede central de Lviv a Kíiv o 21 de agosto de 2005. O título da cabeza da Igrexa cambiouse de arcebispo maior de Lviv a arcebispo maior de Kíiv-Galicia. A día de hoxe, as xurisdicións territoriais da Igrexa son as seguintes: Arquieparquía Maior de Kíiv-Galicia Arquieparquía de Kíiv Exarcado arquiepiscopal de Crimea Exarcado arquiepiscopal de Donetsk Exarcado arquiepiscopal de Khárkiv Exarcado arquiepiscopal de Lutsk Exarcado arquiepiscopal de Odesa Arquieparquía de Lviv Eparquía de Stryi Eparquía de Sambir-Drohobych Eparquía de Sokal–Zhovkva Arquieparquía de Ternopil–Zboriv Eparquía de Buchach Arquieparquía de Ivano-Frankivsk Eparquía de Kolomyia–Chernivtsi Arquieparquía de Przemyśl–Varsovia Eparquía de Wrocław-Gdańsk Arquieparquía de Winnipeg Eparquía de Edmonton Eparquía de Toronto e o Canadá Oriental Eparquía de Saskatoon Eparquía de New Westminster Arquieparquía de Filadelfia Eparquía de San Nicolás de Chicago Eparquía de Stamford Eparquía de Parma Eparquía de Curitiba (provincia eclesiástica de Curitiba) Eparquía de Buenos Aires (provincia eclesiástica de Bos Aires) Eparquía dos Santos Pedro e Pablo (provincia eclesiástica de Melbourne) Eparquía da Sagrada Familia de Londres Eparquía de San Vladimir o Grande de París Exarcado apostólico de Alemaña e Escandinavia (suxeito directamente á Santa Sé)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina web oficial
*