Oblivion é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Joseph Kosinski que se estreou no 2013. Baséase na novela gráfica homónima de Joseph Kosinski. O filme foi coescrito, producido e dirixido por Kosinski. Está protagonizado por Tom Cruise. Foi estreado nos Estados Unidos o 19 de abril de 2013.

Sinopse Ano 2073. Hai máis de 60 anos a Terra foi atacada; gañouse a guerra, pero a metade do planeta quedou destruído, e tódolos seres humanos foron evacuados. Jack Harper (Tom Cruise), un antigo astronauta, é un dos derradeiros homes que a habitan. É un enxeñeiro de drons que participa nunha operación para extraer os recursos vitais do planeta. A súa misión consiste en patrullar diariamente os ceos. Un día, rescata a unha descoñecida dunha nave espacial e vese obrigado a reconsiderar as súas conviccións máis profundas.

Personaxes Tom Cruise como Comandante Jack Harper, técnico que repara os drons dos aliens que cazan os últimos humanos que viven entre as ruínas da Terra. Morgan Freeman como Malcolm Beech, líder da resistencia na Terra. Olga Kurylenko como Julia Rusakova, astronauta e muller de Jack antes da invasión. Andrea Riseborough como Victoria Olsen, oficial de comunicacións de Jack, amante e antiga co piloto. Nikolaj Coster-Waldau como Sykes, militar da resistencia. Melissa Leo como Sally, controladora da misión de Jack e Victoria. Zoë Bell como Kara, soldado da resistencia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Joseph Kosinski Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Relativity Media Categoría:Filmes rodados en Luisiana Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Islandia Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes sobre clonación Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en 2077 Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX