miniatura|189x189px|Melquíades Álvarez, fundador do Partido Reformista. O Partido Reformista foi un partido político español de ideais republicanos, laicistas e anticaciquís, fundado o 7 de abril de 1912 por Melquíades Álvarez, despois dun memorable discurso pronunciado no Palacio de Industrias do Retiro de Madrid.Capitán Díaz (2000), p. 258 Nel militaron inicialmente figuras importantes da intelectualidade española da época, como Benito Pérez Galdós, Manuel Azaña, José Ortega y Gasset e Manuel García Morente e moitos outros relacionados coa Institución Libre de Enseñanza.Suárez Cortina (1986), pp. 80-81 A maior base electoral do Partido Reformista situábase en Asturias, onde chegou a ter numerosos representantes nas institucións locais e provinciais. En 1923, Álvarez foi elixido Presidente do Congreso dos Deputados, do que era membro por ser electo polo distrito de Castropol.Garrido (2001), pp. 73-74

Fronte á proclamación da Ditadura de Primo de Rivera adoptou unha postura pasiva e ambigua, aínda que posteriormente participou en diversas conspiracións antiditatoriais.

Despois de proclamarse a Segunda República en 1931, o Partido Reformista cambiou o seu nome polo de Partido Republicano Liberal Demócrata.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de presidentes do Congreso dos Deputados

Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España Categoría:Historia de España do século XX