miniatura|Relevo en terracota dunhas Matres, de Bibracte, cidade dos Aedui, Galia. As Matres (latín "nais"Lindow (2001:224).) e Matronas (latín "matronas") eran deidades femininas veneradas no Noroeste de Europa dende o século I ó V. Son representadas en obxectos votivos e altares que amosan imaxes de deusas, en grupos de tres, que contan con inscricións (a metade delas con nomes celtas, e a outra metade con nomes xermanos). Foron veneradas nas rexións que foron ocupadas polo exército romano entre os século I e V, é dicir, Xermania, Galia oriental, e norte de Italia.
A información sobre as prácticas relixiosas que rodean ás Matres limítase ás pedras nas cales foron atopadas as inscricións, das cales tense constancia dunhas 1.100.Simek (2007:204-205). As matres xermánicas teñen unha conexión cos mitos das dísir, valquirias e norns, das cales tense constancia en fontes literarias do século XIII. miniatura|Matronae Aufaniae de Bonn As matres tamén aparecen en relevos e inscricións votivas noutras áreas ocupadas polos romanos, como o sueste da Galia (Bibracte); en Galicia e Portugal, onde se coñecen unhas vinte inscricións, algunhas das cales teñen epítetos locais como Matribus Gallaicis "ás nais galegas";CIL II 2776. e tamén na antiga cultura romano-celta de Pannonia, na inscrición Nutrices Augustae atopada en Ptuj, Baixa Estiria.K. Wigand, "Die Nutrices Augustae von Poeticio" Jahreshrift Österreiches Archäologisches Institut 18 (1915), pp 118-218, illus., noted by Susan Scheinberg, "The Bee Maidens of the Homeric Hymn to Hermes" Harvard Studies in Classical Philology 83 (1979), p 2.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bibliografía adicional
Spickermann, Wolfgang. "NOUVELLES RÉFLEXIONS RELATIVES À LA GENÈSE ET AUXVECTEURS DU CULTE MATRONAL DANS LA RÉGION DU RHIN INFÉRIEUR." Cahiers Du Centre Gustave Glotz 13 (2002): 141-67. www.jstor.org/stable/24359212.
Categoría:Deusas celtas Categoría:Deusas galas Categoría:Deusas xermánicas Categoría:Deusas da fertilidade