Na relixión celta, Segomo ("gañador, poderoso") foi un deus da guerra adorado na Galia. Nos tempos do Imperio Romano foi comparado a Marte e Hércules. Relacionóuselle con Cocidius, un deus semellante adorado en Britania.James MacKillop, Dictionary of Celtic Mythology, Oxford University Press, 1998, p. 337 Comunmente é asociado coa aguia ou co falcón. Pode ter tamén relación co nome do lendario Gran Rei de Irlanda Nia Segamain, que se traduce como "fillo da irmá ou campión de Segamon".Dictionary of the Irish Language Compact Edition, Royal Irish Academy, 1990, p. 478

Notas

Categoría:Deuses galos Categoría:Deuses da guerra