Luís Carlos Correia Pinto, coñecido como Luisinho, nado en Porto o 5 de maio de 1985, é un futbolista portugués. Xoga de lateral esquerdo e o seu equipo actual é o Leixões SC.
Traxectoria O 19 de agosto de 2013 fichou polo Deportivo da Coruña, acabado de descender a Segunda División, procedente do Benfica.La administración concursal autoriza tras la salida de Bruno la incorporación de Fabricio y Luisinho Fixo o seu debut na xornada 3, nunha vitoria fronte o Sabadell a domicilio (0–3), chegando o seu primeiro gol na xornada 14, nunha vitoria fronte o RCD Mallorca en Riazor (3–1). Ese ano o club coruñés ascendeu a Primeira División, participando Luisinho en 31 partidos e anotando 3 goles.
O 4 de decembro de 2014 renovou co club coruñés até xuño de 2018.Luisinho apuesta por el Dépor y renueva hasta 2018 O 9 de outubro de 2017 anunciouse a súa renovación, ampliando o seu contrato até xuño de 2020.
O 15 de xuño de 2018, o Deportivo e o SD Huesca, ascendido por primeira vez na súa historia a Primeira División, chegaron a un acordo para o traspaso de Luisinho tras cinco tempadas na Coruña.O Deportivo e a SD Huesca chegan a un acordo para o traspaso de Luisinho
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Soccerway
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados no Porto Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Rio Ave FC Categoría:Xogadores do FC Paços de Ferreira Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do Leixões SC