O Parque Natural de Redes atópase en Asturias na Comarca do Nalón.

Descrición do parque Este parque, contén unha das forestas de faias máis importantes da Cordilleira Cantábrica. A súa grande extensión e bo grao de conservación fan posible a presenza dunha gran mostra da fauna do bosque caducifolio. Foi declarada Reserva da Biosfera no 2001.

Flora e fauna Ademais das faias, son destacábeis as fragas de carballos (quercus petraea), o freixo e o acivro (Ilex aquifolium). Entre os arbustos pódense nomear a arandeira (vaccinium myrtillus) ou a queiroa (calluna vulgaris). O rebezo, o corzo, o lobo, o gato montés, a marta, o leirón rabudo, a lebre de piornal e a lebre europea son os mamíferos máis representativos e habituais. Presenza esporádica do oso pardo, namentres o cervo foi reintroducido hai décadas. Nas aves cómpre salientar a arcea, o peto mediano, peto negro, peto real e a aguia real.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas Web Oficial do parque Web turística sobre o parque Vídeo Asturias natural sobre o parque

Redes, Parque Natural de