Airas Nunes ou Ayras Nunez de Santiago foi un clérigo e trobador do século XIII nado moi probablemente en Galicia, máis concretamente compostelán.
Vida e obra Estivo ao servizo dun bispo e máis tarde, entre 1284 e 1289, foi poeta na corte de Sancho IV de Castela. Consérvanse quince composicións súas, das cales hai sete cantigas de amor, tres cantigas de amigo, catro de escarnio, dúas bailadas e unha pastorela. Nas súas cantigas aparecen ás veces citas doutros autores, como don Dinís, Afonso X, Johan Zorro e Nuno Fernandes Torneol.
PénsaseNETTMANN, Walter, "Cantigas de Santa María, Volumen 1", Editorial Castalia, 1986. ISBN 84-7039-441-X, 9788470394416 que puido colaborar na composición das Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio, mais non se pode confirmar nin negar con rotundidade este feito. É moi coñecida a súa cantiga Bailemos nós ja todas tres, ay amigas ou Bailada das Avelaneiras, que segue unha composición de Johan Zorro, parafraseando a primeira estrofa:
Bailemos nós já todas três, ai amigas, sô aquestas avelaneiras frolidas; e quen for velida, como nós, velidas, se amigo amar, sô aquestas avelaneiras frolidas verrá bailar.
Bailemos nós já todas três, ai irmanas, sô aqueste ramo destas avelanas; e quen for louçana, como nós, louçanas se amigo amar, sô aqueste ramo destas avelanas verrá bailar.
Por Deus, ai amigas, mentr’al non fazemos, sô aqueste ramo frolido bailemos; e quen ben parecer, como nós parecemos, se amigo amar, sô aqueste ramo sô-l’ que nós bailemos verrá bailar.
Atribúeselle o primeiro romance en lingua galega, que data do século XIII:
Desafiar enviaron ora de Tudella fillos de don Fernando el Rey de Castela, e dise el Rey logo: ide alá Don Vella.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía TAVANI, Giuseppe, Le poesie di Ayras Nunez, Milán, UgoMerendi Editore, 1964. TAVANI, Giuseppe, A poesía de Airas Nunez, Vigo, Editorial Galaxia, 1992. NETTMANN, Walter, "Cantigas de Santa María, Volumen 1", Editorial Castalia, 1986. ISBN 84-7039-441-X, 9788470394416
Ligazóns externas Bailemos nós ja todas tres, ay amigas, recreación musical coa música da CSM 116 Bailemos nós ja todas tres, ai amigas, interpretación co texto subtitulado. ''Porque no mundo mengou verdade
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Trobadores en galego-portugués Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos