Cravando a ferradura no casco.|dereita|miniatura Unha ferradura é unha peza en forma de letra "U" que se utiliza para protexer os cascos e os pezuños dos animais contra o desgaste e as fendas.
Poden ser de ferro, caucho, plástico ou coiro, e colócanse cravándoas ou pegándoas na beira dos pezuños dos cabalos, mulas, e burros. Pola súa banda, as ferraduras que se lles poñen ós bois e ás vacas son diferentes para adaptarse á forma dos seus pezuños con dous dedos.
Amuleto Como amuleto, crese que as ferraduras son un símbolo de boa fortuna. Tradicionalmente pendurábanse nas portas das casas para atraer a sorte.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas The Horseshoe, páxina sobre ferraduras
Categoría:Ferramentas