miniatura|200px|dereita|Igrexa de Santa Icía de Trasancos. Terra de Trasancos é o nome co que se designaba o territorio hoxe ocupado polos concellos de Ferrol, Narón, Valdoviño, San Sadurniño, Neda e Fene. O topónimo ten a súa orixe na época da cultura castrexa, e mantivo o seu nome até a desaparición do Antigo réxime a comezos do século XIX, coa división territorial de España en 1833, organizando o territorio en concellos. Dá nome ás actuais parroquias de Santa Icía de Trasancos (Ferrol) e Trasancos (Narón).
Historia miniatura|esquerda|REBE TRASANCI AVG[VST]E século I da era actual ou I antes da actual, Castro de Santa Comba, Ferrol. Na Gallaecia previa á romanización as divisións territoriais adoitaban estar formadas por uns 50 poboados castrexos, nunha superficie duns 130 km². Este territorio político, ou comissium, deu pé ás bisbarras galegas. Na terra de Trasancos están contabilizados 56 castros, polo que nesa época suporía unha poboación de aproximadamente 2.240 habitantes, contando de media oito vivendas por castro e 5 habitantes por casa.
O 15 de outubro de 2001 André Pena Graña atopou no castro de Santa Comba unha lousiña circular datada no século I do tamaño e da forma dunha fusaiola duns 4 centímetros de diámetro, cunha inscrición adicada a Reva: REBE TRASANCI AVG[VST]E"Un excepcional achado epigráfico" , artigo de André Pena Graña, 2001. ("PARA REVA TRASANCIUCA", da «Terra de Trasancos»).
Toponimia O topónimo Trasancos procede do monte de Ancos, no concello de Neda, e designa tamén as parroquias de Trasancos (Narón) e de Santa Icía de Trasancos (Ferrol).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Mapa cos castros de Trasancos. Catálogo de Castros de Ferrolterra
Categoría:Ferrol Categoría:Narón Categoría:Valdoviño Categoría:San Sadurniño Categoría:Neda Categoría:Gallaecia