Acipenser é un xénero de peixes condrósteos, que é o tipo da subfamilia dos acipenserinos, da familia dos acipenséridos e da orde dos acipenseriformes.

Comprende 22 especies, segundo a clasificación do ITIS, ou 17, segundo a de FishBase,Acipenser en FishBase. que son os esturións máis típicos, ou esturións propiamente ditos.

Etimoloxía

A etimoloxía de Acipenser é incerta; unha simple etimoloxía latina é improbábel debido ao feito da súa terminación en -er.

Porén, o termo podería derivar de acupensum vía acipensis seguida dalgúns reaxustes morfolóxicos, derivado de acus, que significa "agulla", e pensum termo que representaba a cantidade de la que debía tecerse nun día.

Acipenser designaría, daquela, o peixe coas barbelas en forma de agulla de calcetar, o que caracteriza ben o rostrum do animal.Oniga, Renato (2001): "Etimologia e struttura morfologica di Acipenser", en De lingua Latina novae quaestiones. Actas do X Coloquio Internacional de Lingüística Latina. Paris-Sèvres, 19-23 de abril de 1999. Ed. Claude Moussy. Louvain: Peeters. ISBN 2-87723-514-9. Ver en liña

Especies Nota: Entre parénteses, os mares, ríos ou lagos onde vive cada especie ou, no seu caso, subespecie.

Acipenser albertensis Lambe, 1902 - especie non admitida por FishBase Acipenser baerii Brandt, 1869 – (Asia: Siberia, ríos Obi, Ienisei, Lena etc.) Acipenser baerii baerii J. F. Brandt, 1869 – (Siberia) Acipenser baerii baicalensis A. M. Nikolskii, 1896 – (lago Baikal) Acipenser brevirostrum Lesueur, 1818 (Norteamérica: desde o río St. John no Canadá até o río St. Johns na Florida, USA) Acipenser dabryanus Duméril, 1869 – (Asia: sistema do río Yangtzé e Corea) Acipenser fulvescens Rafinesque, 1817 – (Norteamérica: río san Lourenzo-Grandes Lagos, baía de Hudson e conca do Mississippi) Acipenser gueldenstaedtii Brandt & Ratzeburg, 1833 – (Eurasia: mares Negro, Caspio e de Azov, e grandes ríos: Don, Danubio, Dniéper, Dniéster etc.) Acipenser kikuchii Jordan & Snyder, 1901 - especie non admitida por FishBase Acipenser medirostris Ayres, 1854 – (Norteamérica: desde as illas Aleutianas e o golfo de Alasca até Ensenada, México) Acipenser mikadoi Hilgendorf, 1892 – (Noroeste do Pacífico, mar de Bering, illa de Sakhalin, Xapón, Corea) Acipenser multiscutatus Tanaka, 1908 - especie non admitida por FishBase Acipenser naccarii Bonaparte, 1836 – (Europa: mar Adriático e ríos tributarios) Acipenser nudiventris Lovetsky, 1828 – (Europa: mares Negro, de Azov, Caspio e de Aral, ascendendo por algúns ríos: Danubio até Bratislava, Volga até Kazán e Ural) Acipenser ornatus Leidy, 1873 - especie non admitida por FishBase Acipenser oxyrinchus Mitchill, 1815 – (Atlántico occidental: península do Labrador, Terra Nova até ao nordeste de Florida. Ocasionalmernte áchase nas illas Bermudas e na Güiana Francesa, no norte do golfo de México e, en Europa, no mar Báltico e nos lagos Ladoga e Onega) Acipenser oxyrinchus desotoi Vladykov, 1955 – (golfo de México) Acipenser oxyrinchus oxyrinchus Mitchill, 1815 – (Atlántico) Acipenser persicus Borodin, 1897 – (Eurasia: conca do Caspio e o leste do mar Negro) Acipenser ruthenus Linnaeus, 1758 – (Eurasia: ríos que desaugan nos mares Negro, Caspio e de Azov, e Siberia desde o río Obi até o Ienisei) Acipenser schrenckii Brandt, 1869 – Asia: endémico do sistema do río Amur) Acipenser sinensis Gray, 1835 – Noroeste do Pacífico: a China e o Xapón) Acipenser stellatus Pallas, 1771 – Eurasia: mares Caspio, Negro, de Azov e Exeo, e ríos tributarios. Acipenser sturio Linnaeus, 1758 – esturión europeo, sollo rei – (Atlántico oriental: anádromo, remontando os ríos, deste Noruega até o golfo de Biscaia; historicamente, na Península Ibérica, mar Mediterráneo, Marrocos e Alxeria) Acipenser toliapicus Agassiz, 1844 - especie non admitida por FishBase Acipenser transmontanus Richardson, 1836 – (Pacífico oriental: desde Alasca até California)

Nomes galegos dalgunhas especies Lahuerta e Vázquez propoñen nomes galegos para algunhas das especies do xénero Acipenser que teñen maior importancia pesqueira e comercial:Lahuerta e Vázquez (2000), p.51.

Acipenser gueldenstaedtii Brandt & Ratzeburg, 1833 = Acipenser gueldenstaedtii colchicus Marti, 1940 – sollo rei do Danubio ou esturión do Danubio Acipenser medirostris Ayres, 1854 – sollo rei verde ou esturión verde Acipenser naccarii Bonaparte, 1836 – sollo rei do Adriático ou esturión do Adriático Acipenser nudiventris Lovetsky, 1828 – sollo rei ventre nu ou esturión ventre nu Acipenser stellatus Pallas, 1771 – sollo rei estrelado ou esturión estrelado Acipenser sturio Linnaeus, 1758 – sollo rei Acipenser transmontanus Richardson, 1836 – sollo rei branco

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Wiley, Edward G., en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N. (eds.) (1988): Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. pp. 76–79. ISBN 0-12-547665-5.

Outros artigos Actinopterixios Condrósteos Acipenseriformes

Ligazóns externas Lista de especies válidas do xénero Acipenser en FishBase. Lista de especies do xénero Acipenser en SIIT Acipenser en ADW Acipenser en NCBI

Categoría:Condrósteos Categoría:Taxons descritos por Linné