San Cristovo de Tapia é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE) en 2018 tiña 120 habitantes (57 homes e 63 mulleres), 33 menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.
Toponimia O topónimo Tapia (termo común para designar un muro ou valado) designa a parroquia desde finais do século XVI, pois antes era coñecida como Pape. Este termo débese a un nome de posuidor Pappus a partir da forma en xenitivo .
Xeografía Ten unha superficie de 2,9 km². Está bañada polo río Tambre, que forma unha praia fluvial ao seu paso pola parroquia.
Festas San Roque e O Sacramento o 2 e 3 de agosto.
Lugares e parroquias Lugares de Tapia
Parroquias de Ames
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Ames
Categoría:Parroquias de Ames Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo