San Pedro de Cambás é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 401 habitantes (205 mulleres e 196 homes) distribuídos en 38 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 470 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Pruzos.

miniatura|Cambás no Catastro de Ensenada (1752). miniatura|Cambás no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1846).

Xeografía A parroquia de Cambás ten unha superficie de 27,92 km² e 38 núcleos de poboación.

Situación Está situada no nordeste do concello de Aranga e no sur do arciprestado de Pruzos.

Limita ó norte coa parroquia do Val de Xestoso (do concello de Monfero), ó noroeste coa de Verís (Irixoa), ó suroeste e sur coa de Aranga e ó leste e nordeste coas dos Vilares, o Buriz e Labrada do concello de Guitiriz.

Noroeste: Verís (Irixoa) Norte: O Val de Xestoso (Monfero) Nordeste: Labrada (Guitiriz) Oeste: Verís (Irixoa) e Aranga 100px|alt=Rosa dos Ventos|ligazón= Leste: Os Vilares e O Buriz (Guitiriz) Suroeste: Aranga Sur: Aranga Sueste: Os Vilares (Guitiriz)

Demografía Século XVIII 1752 1768 1787 Veciños Habitantes 116 444 453

Século XIX 1816/17 1826 1836 1845 1857 1860 1887 1900 Veciños 115 109 130 150 141 136 – – Habitantes – 743 750 459 758 764 854 799

Século XX 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 867 976 1065 1060 1016 857 653 520 535 492 470 464

Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 460 466 465 462 468 463 467 462 462 455 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 451 443 439 438 426 421 414 Fonte: IGE (padrón municipal)Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; e . Instituto Galego de Estatística (IGE).

Etnografía Cambás na cultura popular En Cambás témo-la fama dos homes mais valentós, / en Cambás témo-la fama dos homes mais valentós, / dos homes mais valentós, / unhos cantan e outros choran, e outros retrincan os dentes. Muniferral e Feás, Verís e Cambás, todos xuntos non valen cen reás. Os de Feás matan a besta, / os de Coruxou cómena fresca, / Churio, Muniferral e Cambás / non valen cen reás.

Tamén existen varias lendas sobre o personaxe histórico e mitolóxico de Roldán. Cóntase que a gran pegada gravada no afloramento rochoso cabo da ermida de San Vitorio foi deixada por Roldán ao baixar do cabalo naquel lugar sagrado. Outras versións din que pisou no penedo e achancou, quer até a Pena Ferreira, monte afastado da parroquia, quer até Os Vilares (Guitiriz), onde habería outra pegada semellante.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Cambás

Parroquias de Aranga

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Aranga

Categoría:Parroquias de Aranga Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro