Os chimpancés constitúense como o epónimo das dúas especies existentes do xénero Pan, do que o río Congo forma o límite natural entre ámbalas dúas especies. Chimpancé común, Pan troglodytes: o chimpancé máis coñecido. Habita en África Occidental e Central. Bonobo, Pan paniscus: tamén coñecido como "chimpancé pigmeo". Atópase nas selvas da República Democrática do Congo.

Os chimpancés son membros da familia dos homínidos, xuntos cos gorilas, os orangutáns e os seres humanos. Crese que os chimpancés dividíronse da evolución humana hai aproximadamente 6 millóns de anos e máis dun 99% das secuencias do ADN humano e do chimpancé son iguais. Isto fai que os bonobos e os chimpancés comúns sexan os primates vivos máis próximos ó ser humano.In a talk presented at the Annual Meeting of the American Anthropological Association on November 20, 1999, Jonathan Marks stated: "Humans, chimpanzees, and gorillas are within two percentage points of one another genetically." . Así mesmo, os chimpancés son os únicos membros coñecidos da subtribu Panina. As dúas especies de Pan dividíronse hai un millón de anos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Grandes simios Jane Goodall

Ligazóns externas ChimpCARE.org

Categoría:Primates Categoría:Chimpancé