Ricardo de Barreiro Calo, nado en Merelle (Tállara, Lousame) o 2 de decembro de 1974, é un actor, pintor, poeta e creador galego.
Traxectoria Estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela, formouse no Teatro do Curro en Noia e en obradoiros de José Campanari.
Como actor traballou en películas como Lobos sucios, O descoñecido, Celda 211, 18 comidas, Encallados, Os xirasoles cegos, Vilamor, Somos xente honrada, Pradolongo ou After, e en series como Matalobos, Luci, Amar es para siempre, Doctor Mateo, Fariña e O sabor das margaridas.
Como pintor expuxo as súas obras por Galicia.
Como escritor é coautor xunto con Rafael G. García e Xavier Estévez Montoto de Merda, un texto teatral no que exercía como único actor e que lle supuxo a súa entrada na escena teatral. En 2013 publicou o poemario Sobre o desamor e outras mariconadas, que inclúe varios cadros seus e que presentou como proposta escénica canda ao guitarrista Guillerme Fernández. En 2018 publicou A+A, con ilustracións de RdeB.
Libros de poesía
Sobre o desamor e outras mariconadas (2013), Toxosoutos, ISBN 978-8415400929. A+A (2018), autoedición, ISBN 978-84-09-03074-3.
Filmografía Televisión A gran verbena, (2003) Los hombres de Paco, elecno. Antena 3 (2005-2010) A vida por diante, (2006) Terra de Miranda, (2007) El comisario, elenco. Telecinco (1999-2009) Padre Casares, como o sacerdote substituto (2008) Doctor Mateo, como Paco Escribano (2009) Matalobos, como Mateo Veloso García (2009-2012) Salaó, como Evaristo Rei. Miniserie (2013) Luci, como Miguel Carballo (2014) Amar es para siempre, como Telmo Aguirre (2014) Augasquentes, como Fran Burato (2016) Lo que escondían sus ojos, como Juan (2016) Pazo de familia, 7ª tempada, elenco (2018) Fariña, como Montilla (2018) O sabor das margaridas, como Vidal (2018), TVG
Longametraxes Siete mesas de billar francés, como o empregado da funeraria. Dir. Gracia Querejeta (2007) Pradolongo, como Celestino. Dir. Ignacio Vilar (2008) Carlitos y el campo de los sueños, elenco. Dir. Jesús del Cerro (2008) Os xirasoles cegos, como Fernández. Dir. José Luis Cuerda (2008) Celda 211, como Julián. Dir. Daniel Monzón (2009) After, como Ramón. Dir. Alberto Rodríguez (2009) Pájaros de papel, como Paco. Dir. Emilio Aragón (2010) 18 comidas, como Nito. Dir. Jorge Coira (2010) Elemental Child, como Santos. Dir. Felipe González (2010) A cova, elenco. Dir. Felipe González (2011) Vilamor, como Luís. Dir. Ignacio Vilar (2012) Encallados, protagonista. TV movie (2013) Somos gente honrada, como o adestrador. Dir. Alejandro Marzoa (2013) O descoñecido, como Víctor. Dir. Dani de la Torre (2015) Lobos sucios, como Virutas. Dir. Simón Casal (2015) A sombra da lei, como xefe de quenda. Dir. Dani da la Torre (2018) Sea Beasts, como Santos. Dir. Felipe González (2018)
Curtametraxes Inútil, como Peras. Dir. Paco Rañal (2001) Lobos, como Thor. Dir. Dani de la Torre (2004) Sin plomo, como Ricardo. Dir. Jorge Saavedra Mancebo (2006) Bos días, elenco. Dir. Dani de la Torre (2006) Servicio a domicilio, como Valentín. Dir. Jorge Saavedra Mancebo (2006) Summons, como un policía. Dir. Mario Carbajosa (2012) Einstein-Rosen, como Teo. Dir. Olga Osorio (2016)
Teatro Merda A piragua. Cía. CGD y Abrapalabra As actas escuras. Cía. CDG Sobre o desamor e outras mariconadas. Cía. Viscirón O tolleito de Inishmaan. Cía. Contraproduccións
Premios e nomeamentos Mención especial do xurado na VII Mostra de Curtas Vila de Noia por Servicio a domicilio (2005) Premio especial na X Mostra de Curtas de Noia (2008) Terceiro premio de teatro A Pousada das Ánimas de Boiro (2013)
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado 2011Mellor actor secundarioMatalobos (serie)Nomeado2013Mellor actor secundarioSomos xente honradaGañador2015Mellor actor secundarioLobos suciosNomeado
Festival de Cans Ano Categoría Filme Resultado2006Premio do xurado ao mellor actorBos díasGañador2017Premio do xurado ao mellor actor (ex aequo Xúlio Abonjo)Einstein-RosenGañador
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Paraguadi, perza para Guadi Galego e as súas Costuras, 2020 Paca, Ricardo de Barreiro, 2020 Ricardo de Barreiro en Trama Films
Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Actores de Lousame Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Lousame Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina secundaria