Operación E é un filme franco-galego dirixido por Miguel Courtois Paternina que se estreou no 2012. É unha produción de ZircoZine, Tormenta Films e A.J.Ou.Z. Films (Francia), co apoio de TVE e Canal + Francia e a distribución de DeAPlaneta en España e a nivel internacional e de EuropaCorp en Francia. É a primeira produción internacional da produtora galega independente ZircoZine, e foi rodada en Colombia. Está protagonizado por Luís Tosar, que interpreta o campesiño colombiano José Crisanto e Martina García no papel de Liliana, a súa muller.

A historia do filme está baseada en feitos reais, na operación humanitaria coñecida como Operación Emmanuel (2007-2008), que consistiu no rescate de Clara Rojas, o seu fillo Emmanuel, que naceu en cativerio, e Consuelo González de Perdomo, os cales permaneceron máis de seis anos en poder das FARC nas selvas colombianas.

Sinopse Unha muller secuestrada polas FARC dá a luz un neno no medio da selva colombiana. No momento do parto, a guerrilla arrebátalle o bebé á súa nai e entrégallo a Crisanto, un modesto agricultor que sobrevive na xungla coa súa muller, os seus cinco fillos e o seu sogro, un curandeiro indíxena. Crisanto deberá facerse cargo do neno baixo ameaza de morte, pero o pequeno está gravemente enfermo. Toda a familia trata de salvarlle a vida, que é tamén a súa. A súa loita sen descanso levaralles río abaixo sorteando toda clase de adversidades, descoñecendo que se esconde tras o interese da guerrilla polo pequeno.

Personaxes Luís Tosar como José Crisanto Martina García como Liliana Gilberto Ramírez como Don Ramoncito Francisco Pérez como Jerónimo Eileen Moreno como Solangie Juan Carlos Contreras como Fiscal Xeral Elkin Correa como Xeneral Jaime Correa como Guerrilleiro Maestro Hedras Urrego como Camareiro do asador Sigifredo Vega como Miguel Farruco Castromán como Dr. Rocha

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2012Mellor actorLuís Tosar Gañador

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Ficha no soportal do audiovisual galego. O filme en Zircozine.com

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de Colombia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de ZircoZine